Táboa de Contidos
Se me rexistro que obrigacións vou ter?
Ningunha, aqui o traballo e voluntario e consiste na axuda mutua e
mais nada.
Onde me rexistro?
Solicita aqui o teu REXISTRO en BaGoNix, no formulario de Contacto
(non esquezas deixar o teu correo).
De que me serve?
Terás acceso a traves da nosa páxina, as discusións no noso Foro de axuda, poderás colaborar na nosa Wiki, e ler ou colaborar no Blogue de BaGoNiX, ou enlazar o teu blogue persoal.
Podes contribuir a divulgación das aplicacións de código libre e a sua
filosofía, do sistema operativo non propietario GNU Linux e do grupo de
usuari@s BAGONIX.
Aprendendo e compartindo a experiencia cos demais.
Axudando a outros a resolver as dúbidas e problemas na transición a GNU-Linux.
Traducindo textos, noticias, tutoriais e aplicacións ao galego.
Conseguindo xente para o grupo, con ou sen experiencia.
Todo o que necesitas para empezar a engadir contido a Deki Wiki é un navegador e unha conexión a Internet. Compartir ideas e plans a través dunha sinxela interface. Preme nos botóns "Editar Páxina" e "Nova páxina" en cada páxina para comezar a contribuír ao contido. Así podes aportar texto, enlaces, novas e todo tipo de material interesante para poñer aquí.